섬
Illa de San Clemente
Marín · Pontevedra
A Illa de San Clemente (Illa de San Clemente, Illa de San Cremenzo, Illa do Santo do Mar) é unha illa galega privada da provincia de Pontevedra situada no litoral do sur do concello de Marín na parroquia de Ardán, situada entre a praias de Lapamán e Loira. == Características == É un illote de 1,4 hectáreas moi próxima á costa, con quen chega a unirse nas grandes baixamares mediante un tómbolo areoso; o resto da illa está rodeado de arrecife. Está cuberta de pradería e ela hai un par de piñeiros de bo porte. A illa é un terreo sen urbanizar no que nada se pode construír. Son terreos protexidos e non dispón de zona de atraque para chegar en barco, só se pode fondear na súa costa. Consérvanse as ruínas da ermida de San Clemente, na que antigamente se celebraba unha concorrida romaría. A devandita ermida foi cantada na Idade Media polo trobador galego Nuno Treez nunha cantiga de amigo: [...] San Clemenço do Mar, se mi d'el non vingar, non dormirei, San Clemenço señor. Se vingada fôr, non dormirei. Se mi d'el non vingar, do fals' e desleal, non dormirei. Se vingada non fôr do fals'e traedor non dormirei. [...] == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Outros artigos === Illas de Galicia === Bibliografía === Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao (1991). Illas de Galicia. Xerais. ISBN 978-8475075822. Ramírez, C. (2004). Islas de Galicia (en castelán). Era Editorial. ISBN 978-84-933775-8-8. === Ligazóns externas === Nieves D. Amil (18 de agosto de 2022). "A la venta por 300.000 euros la isla de O Santo, en la ría de Pontevedra". La Voz de Galicia.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- Mesón Arrieiroa 536 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A.
- MESÓN ARRIEIROa 572 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A. · IES Chan do Monte-Bar Remiñoto · IES Chan do Monte-Bar Remiñoto
- Casasa 682 mCangas de Morrazo E.A.-Pontevedra E.A. · Bueu-Marín-Os Praceres (PO-546)-Pontevedra E.A. · Bueu-Marín-Os Praceres (PO-546)-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.