섬
Illa do Castelo
Touriñán · Muxía · A Coruña
사진: Adrián Estévez (Estevoaei) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Galicia의 섬, 해발 약 3 m, O Camiño dos Faros에서 209 m.
A Illa do Castelo (Illa Herbosa) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada fronte ao cabo Touriñán, Muxía. O seu nome ven dos restos de pedras no alto da illa e que poderían pertencer a unha construción tipo torre ou faro. Pódense ver os restos dunha muralla no lado leste e outra feita de perpiaño, que debería ser unha entrada no extremo sur. Segundo algúns escritos,[quen?] indican aquí unha torre de Augusto que serviría de faro.
Xeografía
Só se pode acceder a illa a través dunha cama de seixos durante determinados días do ano. Só está aberta a visitas durante mareas vivas e só durante unhas horas, porque existe o risco de quedar illado nela coa subida do mar, a escasos metros do continente, pero sen a posibilidade de volver a pé.
Historia e lendas
A Illa do Castelo tamén está chea de historias e lendas. No puramente físico, aínda se observan restos xa moi deteriorados na parte superior, que poderían corresponder a unha construción, ao estilo dunha torre ou dun faro. Ademais, cara á parte oriental do illote aínda quedan vestixios dun muro perimetral, mentres que no seu extremo sur estas pezas son de pedra labrada. Xa no plano da especulación histórica, algúns autores[quen?] situaron aquí a Torre de Augusto, á que se referiu o historiador romano Pomponio Mela, dentro da súa descrición das terras habitadas polos nerios, como un punto no que o trazado do litoral cambia a súa orientación significativamente.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Illa
지점 고도 ≈ 3 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Muxía, 9.3 km 거리
가까운 길 O Camiño dos Faros, 209 m 거리
지자체 인구 4,326 (2025) · IGE
.jpg?width=400)