섬
Illa Pancha
Ribadeo · Lugo
A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo, fronte á Punta da Cruz. == Xeografía e historia == Está situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, e acolle o principal faro da contorna. Está unida a terra por unha ponte refeita con formigón armado no ano 1983. Próximo a ela está o miradoiro da illa Pancha, incluído na ruta dos miradoiros. Ten unhas 1,1 hectáreas e orografía escarpada e recortada, aínda que chá no seu cumio, onde está instalado o vello faro de illa Pancha, construído en 1857. O novo faro, na zona norte, é do último cuarto do século XX (1983). A illa tivo unha estación meteorolóxica a finais dos anos 1920. === Xeoloxía e bioloxía === A súa costa é rochosa e ten vexetación de plantas costeiras que lle dá unha cor moi variable ó longo do ano, incluída a invasora 'unlla de gato'. === Panchorro === Nas súas proximidades desenvólvese unha onda que polas súas características (ata 20 m de altura) é codiciada polos surfistas, pretendéndose organizar un campionato en función da súa aparición, o "IIla Pancha Challenge". == Polémica sobre o hotel == No ano 2014 comezou o proceso para que o faro sexa usado coma hotel, contando con oposición veciñal. Está catalogada como Zona 2, Área de Conservación, dentro do Plan Director da Rede Natura 2000, zonas que a priori non están autorizadas para uso turístico. Pese ó anterior, en abril de 2017 o vello edificio comezou a ter actividade como apartamentos turísticos. En 2019 o colectivo de Ribadeo Por Nuestro Faro denunciou restricións de acceso.. En agosto de 2021 a empresa hostaleira abriu unha cafetería con terraza. En 2022 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reiterou a obriga de que a illa tivese acceso libre ao ser un espazo natural. == Dependencia administrativa == A illa é administrada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao (en castelán)
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- A Torrea 1.1 kmRibadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña)
- Vilaselán (A Torre)a 1.1 kmRibadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A. · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A.
- Vilaselán (igrexa)a 1.2 kmRibadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A. · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.