유적지
Mazo da Marronda
Baleira · Lugo

O mazo da Marronda foi unha construción industrial siderúrxica situada na parroquia de Martín (Baleira). == Características == O mazo estaba operativo nunha edificación que se conserva en ruínas. Era propiedade en diferentes participacións dos ferreiros do lugar do Real. Localízase ao sur da aldea río arriba, no monte da Marronda. O carbón necesario para traballar o ferro procedía da fraga circundante. Hai documentos do 1792 que indican xa o funcionamento desta industria do ferro. == Notas ==
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗