고인돌

Medorra de Fanegas

Sobrado · A Coruña

Aínda non hai foto de Medorra de Fanegas

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.08083|-8.03733}}

A medorra de Fanegas é un túmulo megalítico situado entre as parroquias da Ciadella, no concello de Sobrado, e Vilariño, no concello de Vilasantar. == Descrición == Localízase nas proximidades do campamento romano da Ciadella, e forma parte dun numeroso grupo de túmulos funerarios do megalitismo galego, emprazados sobre unha vigorosa dorsal topográfica. Tendo en conta a presenza de tégula romana sobre a superficie do túmulo e no cono de violación, así como a situación do monumento ó lado dunha das vías romanas que conducían ó Campamento e nunha localización dende a que se dominaba este, formulouse a hipótese de que o túmulo puido ser reempregado en época romana para construír unha torre ou posto de observación. Con esta idea realizouse a escavación durante o mes de setembro de 1983. A escavación permitiu documentar unha construción rectangular sobre o túmulo feita nun momento contemporáneo á utilización do campamento de Cidadela. Baixo ela atopábase o monumento orixinal. Este estaba formado por un túmulo de terra rodeada dun anel perimetral e cunha coiraza pétrea que cubría a súa parte superior. No interior estaba pechada unha cámara megalítica de pequenas dimensións totalmente destruída por unha violación anterior á construción romana. == Véxase tamén == === Bibliografía === Caamaño Gesto, José Manuel; Criado Boado, Felipe (1991-1992). "La medorra de Fanegas (Sobrado dos Monxes, Coruña). Informe de la campaña de excavación de 1983" (PDF). Brigantium. Boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña (en castelán) (Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón) 7: 7–89.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처