고인돌
Mina da Parxubeira
Chacín · Mazaricos · A Coruña
사진: Javier Pais · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
San Fins de Eirón, Mazaricos의 고인돌, 해발 약 377 m, Camiño de Fisterra-Muxía에서 1.9 km.
O dolmen da Mina da Parxubeira, tamén coñecida como dolmen de Corveira, é unha anta situada na parroquia de San Fins de Eirón, en Mazaricos, no lugar coñecido como Estivada Vella e datada entre o IV e III milenios a. C. Intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro.
Características
O corredor, pequeno, está orientado cara ao leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cubría, así como as chantas do lado sur. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 m e contaba cunha coiraza de pedras. No seu interior atopouse un enxoval consistente en láminas de sílex, unha punta de frecha, anacos de cerámica campaniforme, catro estelas antropomórficas de gneis granítico e uns pequenos ídolos de coios, un deles con decoración baseada en incisións, chamados betilos, todo o cal se atopa no Museo Arqueolóxico da Coruña. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte.
Galería de imaxes
Outros artigos
Lista de megálitos de Galicia
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 선사 시대 봉분
다른 이름 Dolmen de Corveira
지점 고도 ≈ 377 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 A Picota, 4.5 km 거리
산티아고 순례길 Camiño de Fisterra-Muxía, 1.9 km 거리
지자체 인구 3,730 (2025) · IGE
버스로 가기
- Mámoas209 m 거리CORUÑA E.A.-MUROS · CORUÑA E.A.-MUROS · CARBALLO E.A.-MUROS · Carballo E.A.-Muros
- As Mámoas1.1 km 거리Santa Comba-Santa Mariña (cruceiro) · Santa Comba-Santa Mariña (cruceiro)
- Liñares (campo)1.1 km 거리A Picota-Braña · A Picota-Braña · A Picota-Braña · A PICOTA-BRAÑA
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.