Monte da Cidá

Ribeira · A Coruña · 210 m

Monte da Cidá

O monte da Cidá é un monte de 213 metros de altitude na parroquia de Carreira, no concello coruñés de Ribeira. No seu cumio atópanse os restos do castro do Monte da Cidá, un poboado castrexo da Idade de Ferro escavado en 2014 e 2015. Tamén hai mámoas do período Neolítico. Dende o seu miradoiro, chamado A Pedra da Rá, pódese ollar a totalidade do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, así como as parroquias de Artes, Carreira e Aguiño. Asemade hai unhas estupendas vistas da bocana da ría de Arousa, as illas de Sálvora, Ons e Cíes.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처