산

Monte Faro de Domaio

Domaio · Moaña · Pontevedra · 628 m

Monte Faro de Domaio, 산 en Moaña

사진: Txo (discusión) Mi discusión en castellano 20:43, 22 August 2007 (UTC) · Public domain · Wikimedia Commons ↗

España의 산, 해발 약 628 m, Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño에서 920 m.

O monte Faro de Domaio é un monte galego situado na península do Morrazo, na localidade pontevedresa de Moaña. Ten 628,20 m de altura e é a máxima altitude da serra do Morrazo que percorre a península de leste a oeste. O nome do pico provén da parroquia de Domaio, na que se erixe. Domina as rías de Pontevedra e Vigo cunha situación estratéxica que o converteu nun importante centro de telecomunicacións. No seu cumio atópase unha zona de lecer chamada Chan da Arquiña que rodea un dolmen e unha mámoa co mesmo nome, e que constitúe a ruta de sendeirismo homónima. O monumento megalítico posúe máis de 5 000 anos de antigüidade, e consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais. Ten orientación cara ao leste. Nas escavacións encontrouse un enxoval funerario completo composto de diferentes útiles e ferramentas de pedra e fragmentos de cerámica. Nel nacen varios ríos, pequenos e de caudal irregular, que verten, polo sur na ría de Vigo e polo norte na de Pontevedra. A vexetación está composta por bosque atlántico onde abunda o carballo e o castiñeiro, que van cedendo paso aos eucaliptos e piñeiros que veñen da man da reforestación con fins de explotación forestal. O terreo é granítico con grandes rochas deste material. Unha estrada sobe até o seu cumio onde hai unha gran cantidade de antenas de todo tipo para servizos de telecomunicacións e televisión. No cumio do Monte Faro de Domaio instalouse un vértice xeodésico de primeira orde.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Montaña

다른 이름 Monte Gagán

고도 628 m

가장 가까운 마을 Moaña, 6.6 km 거리

산티아고 순례길 Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, 920 m 거리

지자체 인구 19,316 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

이 근처