산
Monte Penide
Cedeira · Redondela · Pontevedra · 449 m
사진: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Redondela의 산, 해발 약 449 m, Caminho Português de Santiago에서 603 m.
O Monte Penide, ou Monte Mirallo, é un macizo montañoso de 450 metros de altura que se atopa no concello pontevedrés de Redondela. O complexo do monte Penide atópase nas elevacións montañosas situadas no extremo suroeste do concello, nas parroquias de Negros, Trasmañó e Cedeira.
Patrimonio arquelóxico
No seu cumio posúe un conxunto arqueolóxico conformado por petróglifos, mámoas e outros elementos arqueolóxicos que converten a este conxunto na necrópole con máis sitios arqueolóxicos da provincia de Pontevedra. Os máis antigos están datados no paleolítico inferior, no período do plistoceno.
Mámoas
Os túmulos son construcións de pedras e terra baixo as que as culturas prehistóricas enterraban os seus mortos. Estas construcións megalíticas estiveron moi estendidas na costa atlántica galega durante o neolítico até a idade de Bronce. Entre os túmulos ou mámoas máis importantes destacan: Mámoas do Chan da Cruz: constitúen un total de 31 mámoas. Entre elas destaca a Mámoa do Rei, unha das mellor conservadas, e que está formada por unha gran cámara arrodeada por seis lousas formando unha cámara pechada. Mámoa de Coto Feneiro Mámoas do Chan do Rato, composto por dúas mámoas. Mámoas das Pedras dos Picos, en total dúas mámoas. Mámoas do Monte Vixiadorr, en total dúas mámoas. Mámoas do Castro Ferreiro, conformado por 3 mámoas. Mámoa de Teixugueiras de Poza Lagoa
Petróglifos
Ademais do fenómeno tumulario, pódense observar numerosos petróglifos, unhas representacións gráficas gravadas nas rochas ou pedras. No monte Penide están os seguintes petróglifos: Petróglifos do Chan da Cruz, formado por catro rochas que conteñen motivos circulares, óvalos e cazoletas. Petróglifos do Coto da Rola, formado por catro petróglifos. Petróglifos das Porteliñas, formado por dous petróglifos. Petróglifos do Chan do Rato, formado por dous petróglifos. Petróglifos do Poza da Lagoa, formado por catro petróglifos. Petróglifos do Coto Fenteira, formado por tres petróglifos. Petróglifo de Eira Pedriña Petróglifos do Coto do Corno. Correspóndense con dous petróglifos nos que predominan os motivos circulares que ocupan case toda a superficia da pedra. Petróglifos do Castro de Negros. Trátase de 6 petróglifos situados no castro de Negros.
Outros artigos
Redondela Mámoa do Rei Megálitos de Galicia
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Montaña
고도 449 m
가장 가까운 마을 Redondela, 2.2 km 거리
산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, 603 m 거리
지자체 인구 28,928 (2025) · IGE
버스로 가기
- Redondela (almacén Alcampo)1.0 km 거리A Pena-Redondela (Fonte De Santiago)
- Redondela (almacén Alcampo)1.0 km 거리A Pena-Redondela (fonte de Santiago) · Redondela (mercado)-CUVI · Redondela (mercado)-CUVI
- Fortóns1.1 km 거리A Pena-Redondela (fonte de Santiago) · Redondela (mercado)-CUVI · Redondela (mercado)-CUVI
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.