수도원
Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro
Castroverde · Lugo
O mosteiro de San Cibrao foi un mosteiro medieval situado na parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde. Consérvase en ruínas, agás o edificio da igrexa.
Historia
Ten orixe nos séculos XII-XIII e pertenceu á orde de San Bieito. A finais do século XV incorporouse ó convento de San Domingos de Lugo. Estaba formado polo templo, o claustro e as dependencias dos monxes. O claustro está en ruínas. Na porta do patio exterior consérvase un chamador de ferro, cun martelo en forma de can e a cruz dominica. A igrexa foi reconstruída no ano 1787, cunha ampla nave con teito de madeira a dúas augas, e unha sala frontal no que se conserva unha primitiva pía bautismal. No interior hai un retablo con columnas salomónicas, e outros tres retablos laterais.
Galería de imaxes
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
이 근처
- Igrexa de Santa María Madanela de Retizós교회당
- Igrexa de San Cosme de Gondel교회당
- Igrexa de Santa Eulalia de Suegos교회당
- Igrexa de San Cibrao de Montecubeiro교회당
- Igrexa de Santa María Madanela de Pena교회당
- Capela da Nosa Señora das Neves de Suegos경당
- Capela de Santo Antón de Pereiroá경당
- Capela de Santa Petronila do Barreiro경당