수도원

Mosteiro de Santa María de Penamaior

Becerreá · Lugo · 1000

Mosteiro de Santa María de Penamaior

O mosteiro de Santa María de Penamaior é unha antiga abadía beneditina situado na parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá. == Historia == A referencia máis antiga deste mosteiro é do ano 922, cando Ordoño II encargou ó abade Virila a restauración do mosteiro de Samos, daquela en clara decadencia. Virila enviou 16 dos seus monxes até Samos a facer este traballo. Enténdese logo que Penamaior foi fundado nunha data anterior ó 922. Porén, semella que o edificio actual foi construído nunha data un pouco posterior, xa o tímpano da entrada foi gravado no 1177. En 1188, dependía como priorado do mosteiro de Carracedo e é en 1203 cando Carracedo se afilia á abadía de Císter cos dez mosteiros que controlaba, entre os cales estaba o de Penamaior. En 1225, o mosteiro de Penamaior aparece co título de abadía que depende de Citeaux. No ano 1505, o mosteiro afiliouse á Congregación de Castela, quedando unida a San Salvador de Salamanca e perdendo definitivamente a dignidade abacial. Penamaior era un dos mosteiros cistercenses máis pequenos de Galicia, cunha comunidade que contaba con tres membros, en 1584, ou sete, en 1803. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Freire Camaniel, José: El monacato gallego en la alta edad media, Fund. Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1998. Pérez Rodríguez, Francisco Javier: Mosteiros de Galicia na Idade Media, Deputación Provincial de Ourense. Ourense, 2008. Seijas Montero, María: Los cistercienses en el sudoeste de Galicia a fines del Antiguo Régimen, Santiago de Compostela, 2009. === Outros artigos === Mosteiros e conventos de Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

이 근처