수도원

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

Santo Estevo de Ribas de Sil · Nogueira de Ramuín · Ourense

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, 수도원 en Nogueira de Ramuín

사진: Txo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín의 종교 건축물, 해발 약 474 m, Camiño Natural da Ribeira Sacra에서 44 m.

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil é un vello mosteiro beneditino de tres claustros situado en Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín), rehabilitado como establecemento hoteleiro pola Xunta de Galicia e cedido a Paradores de Turismo de España. Está considerado un ben de interese cultural.

Historia

As orixes remóntanse á neboenta época do eremitismo cristián do período do Reino suevo impulsada por Martiño de Dumio que tivo na Ribeira Sacra un enclave privilexiado. Porén non será ata o 921 cando se teña a primeira testemuña documental; trátase dunha autorización do rei de Galicia Ordoño II ao abade Franquila para a reconstrución dun moi antigo cenobio adicado ao primeiro mártir do cristianismo, santo Estevo. Cando a regra de Bieito de Nursia comezou a espallarse, avanzado o século X, por Galicia, este mosteiro aparece como un dos grandes centros monásticos do Reino de Galicia tras o pulo dado ao monacato por Aldara de Celanova e o seu fillo Rosendo de Celanova. Desa época é a tradición que fala da retirada a este mosteiro de nove bispos, así como da posible residencia nel da raíña Goto trala morte do seu home o rei de Galicia Sancho Ordóñez. Os nomes dos nove bispos eran Vimarasio, Gonzalo, Osorio, Froalengo, Servando, Viliulfo, Paio, Afonso e Pedro. Procedían das dioceses de Coímbra, Ourense, Iria e Astorga. Todos eles foron tidos por santos pola veneración popular, o que fixo de Santo Estevo de Ribas de Sil un centro de peregrinación. O rei de Galicia e León Afonso VIII dotouno dun amplo couto xurisdicional, que fixo deste mosteiro non só un centro de estudo, oración, esmola e hospitalidade senón tamén un núcleo de poder feudal libre do dominio señorial. Entre os seus priorados estaba outras importantes comunidades (mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, tamén na Ribeira Sacra) todos eles catalizadores de actividades agrícolas, forestais e artesanais, ademais das propiamente culturais e relixiosas. As medidas políticas dos Reis Católicos, co sometemento dos mosteiros do Reino de Galicia ás novas cabeceiras castelás, fixeron que este fose integrado na Congregación de Valladolid. Tras a axitación dos últimos anos da Idade Media (revolución irmandiña, descabezamento da nobreza galega, implantación da Santa Irmandade e da Real Audiencia do Reino de Galicia, amenceu un período de estabilidade e boas colleitas que propiciaron unha importante renovación arquitectónica en estilo renacentista e barroco. A chegada do abade de San Martiño Pinario e de frei Juan de Corcuera, encargados de aplicar a reforma beneditina nos mosteiros desta orde no Reino de Galicia, impulsaron as obras de reforma sobre a estrutura medieval. A desamortización acabaría co esplendor deste mosteiro. Será iniciativa de Aurelio Miras Portugal, de acordo co bispo de Ourense monseñor Carlos Osoro, acometer a súa rehabilitación integral para uso hoteleiro en 1998, o que permitirá que no 2004, mediante convenio coa Xunta de Galicia, o Estado Español instalase nel un Parador de Turismo para a dinamización turística da Ribeira Sacra. O proxecto de rehabilitación foi redactado polo arquitecto Alfredo Freixedo Alemparte. No ano 2020 un equipo de restauración atopou, nos retablos relicarios laterais do mosteiro, catro antigos aneis. Segundo a tradición, estes poderían ser algúns dos 'aneis milagrosos' dos nove bispos galegos soterrados no cenobio entre os séculos X e XI. Estes aneis atopabanse en paradoiro descoñecido desde hai séculos.

Arquitectura

A Igrexa é románica e protogótica. A actual encetouse en 1183 e consta de tres naves e unha tripla ábsida semicircular. As tres naves están cubertas por bóvedas de crucería. A ábsida central presenta a peculiaridade de ser máis baixa que as laterais. A fachada é simple e dunha época posterior (século XVIII), presidida por unha imaxe de santo Estevo e enmarcadas por sendas torres piramidais e balcóns corridos. No interior o retablo de catro corpos é obra de Juán de Angés. Salienta un retablo en pedra medieval onde se representa a Xesucristo cos doce apóstolos.…

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Monumento · Mosteiro secularizado

양식 Arquitectura barroca

현재 용도 Parador de turismo · Abadía benedictina

관리 주체 Parador de Turismo

보호 지정 Ben de Interese Cultural

지점 고도 ≈ 474 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Luíntra, 3.4 km 거리

가까운 길 Camiño Natural da Ribeira Sacra, 44 m 거리

지자체 인구 2,070 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처