성곽도시
Muralla de Lugo
Lugo
사진: Fernando Pascullo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Lugo의 성곽도시, 해발 약 465 m, Vía Romana XIX에서 385 m.
A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade. O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 m e a súa altura varía entre os 8 e os 10 ou 12 m sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4,5 e os 7 m de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e, na parte que queda en pé, tamén houbo profundas transformacións. Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de "torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas". Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, e o embaixador chinés, Qui Xiaoqi.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
시대 로마
종류 Monumento · Murallas da cidade
소속 Lucus Augusti
높이 8 m
면적 33 m²
다른 이름 Muralla de Lugo
보호 지정 Patrimonio da Humanidade · Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural · Patrimonio da Humanidade en Galicia
지점 고도 ≈ 465 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Lugo, 376 m 거리
가까운 길 Vía Romana XIX, 385 m 거리
지자체 인구 100,071 (2025) · IGE
버스로 가기
- Avda. da Coruña (ronda da Muralla)163 m 거리Lugo E.A.-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A.
- Avda. da Coruña (ronda da Muralla)202 m 거리Lugo E.A.-Lugo E.A.
- Ronda da Muralla 70288 m 거리Monforte E.A.-Hospital HULA · Hospital Monforte de Lemos-Hospital HULA · A Coruña E.A.-Matogrande-HULA-Lugo E.A. · A Coruña E.A.-Matogrande-HULA-Lugo E.A. · Monforte E.A.-Lugo E.A. · Hospital HULA-Monforte E.A.
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.