성
Muralla de Pontevedra
Pontevedra
사진: Pvibahu · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pontevedra의 성, 해발 약 18 m, Caminho Português de Santiago에서 206 m.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor. O camiño Portugués, do que é capital en España, atravesa a cidade de sur a norte. Son testemuñas relevantes monumentos como a igrexa da Virxe Peregrina e a ponte do Burgo, coas famosas cunchas de peregrino esculpidas. Pontevedra é a segunda das grandes cidades galegas pola súa riqueza monumental, só despois de Santiago de Compostela. Alcumada a Boa Vila (La Bonne Ville ou A Boa Cidade) polo francés Jean Froissart nas súas crónicas do século XIV pola súa magnífica situación xeográfica e o seu esplendor económico, atesoura un importante conxunto monumental relixioso (coa basílica de Santa María a Maior ou as igrexas de San Francisco, San Domingos ou San Bartolomeu entre outras) e civil (con casas nobres con escudos, pazos ou mansións como a casa das Campás ou a casa dos Fonseca, os pazos dos Condes de Maceda, o de Mugartegui, o de García Flórez ou o de Lourizán e palacetes como os das Mendoza ou Villa Pilar entre outros, así como unha decena de prazas de orixe medieval). Un símbolo importante é o papagaio Ravachol, cuxa estatua está no centro da cidade. Pontevedra é un centro administrativo, político, xudicial, militar, histórico e cultural importante. No século XVI era a maior cidade de Galicia. Actualmente está marcada por unha gran presenza dos servizos administrativos (delegacións provinciais da Xunta de Galicia e do goberno central), de xustiza (audiencia provincial e cidade da xustiza), políticos (deputación de Pontevedra, subdelegación do goberno), militares (delegación de defensa, BRILAT) e culturais (museo de Pontevedra, pazo da cultura, teatro principal, facultade de belas artes, centro cultural Afundación, Café Moderno).
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 성벽 · Forte
소속 Pontevedra
지점 고도 ≈ 18 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Pontevedra, 416 m 거리
산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, 206 m 거리
지자체 인구 83,339 (2025) · IGE
버스로 가기
- Clube Naval de Pontevedra193 m 거리PO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · PO:Estacións-Xunqueira-Monte Porreiro (Alemania I)
- Clube Naval de Pontevedra207 m 거리PO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · PO:Monteporreiro-Xunqueira-Estacións
- Avda. de Uruguay212 m 거리Avda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén · Avda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.