박물관
Museo do Castro de Viladonga
Castro de Rei · Lugo

O Museo do Castro de Viladonga é un museo situado ao carón do Castro de Viladonga, na parroquia do mesmo nome, pertencente ao concello de Castro de Rei, foi concibido para gardar, investigar e expoñer tódolos materiais procedentes das escavacións do castro realizadas a partir do ano 1971. Sitúase nun socalco exterior entre as dúas últimas murallas do lado leste do castro. == Historia == Comezouse a construír no ano 1975 a instancias do arqueólogo Manuel Chamoso Lamas e o apoio do daquela Subdirector General de Bellas Artes, Ramón Falcón Rodríguez, natural do concello. Seguindo o deseño do coruñés Carlos Fernández-Gago e cos fondos do Ministerio de Educación e Ciencia e a Fundación Pedro Barrié de la Maza remataron as obras no ano 1977. O 10 de maio de 1983, co informe favorable da Xunta Superior de Museos creouse por orde ministerial o Museo Monográfico do castro de Viladonga como dependente do Patronato Nacional de Museos. Tras o acondicionamento do edificio o museo foi inaugurado oficialmente o 29 de novembro de 1986. No ano 1989 a xestión do museo pasou á Consellería de cultura da Xunta de Galicia. Neses tempos formulouse a necesidade de acometer unha ampliación e reforma do edificio. O arquitecto do novo proxecto foi José Luis Arias Jordán, desenvolvéndose as obras entre o ano 1991 ao ano 1994. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro de Viladonga Museos de Galicia Cultura castrexa === Ligazóns externas === Museo do Castro de Viladonga Amigos do Museo Castro de Viladoga MUGA Sistema Galego de Museos Consello Galego de Museos
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
가는 길
입장료 무료
전화 +34 982870160
Chegar en bus
- VILADONGAa 672 mLugo E.A.-Meira-Ribadeo E.A.
- VILADONGAa 692 mLugo E.A.-Meira-Ribadeo E.A.
- O Couto de Aa 758 mLugo E.A.-Meira-Ribadeo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.