박물관
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía
A Coruña · 1980
사진: Jose Luis Cernadas Iglesias · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Coruña의 박물관, 해발 약 20 m, Camiño Inglés에서 1.4 km.
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, tamén chamado MUNCYT ou Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de España, é un museo dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella. A súa sede principal está na Coruña e ten outra sede en Madrid.
Contidos
No museo expóñense diversas pezas da historia tecnolóxica de España e Galicia entre as que están algunha relacionada coa cidade da Coruña, como a anterior lanterna da Torre de Hércules que funcionou entre 1857 e 1904. Tamén se pode ver e visitar a cabina do avión que trouxo a España o Guernica de Picasso dende Nova York, unha pequena exposición da historia tecnolóxica en España, iniciativas industriais e a evolución dos medios de comunicación escritos e informáticos. Existen visitas guiadas e proxeccións.
Historia da sede coruñesa
O Museo foi inaugurado o 4 de maio de 2012 polos príncipes de Asturias, se ben non se abriu ó público ata o mes de xuño dese ano. O edificio fora construído pola Deputación da Coruña e ía ser unha escola de artes. A construción, chamada «Prisma de Cristal», deseñada por aceboXalonso Studio, gañou o primeiro premio da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e foi reconvertido, con pequenas modificacións, na sede principal do MUNCYT. É un edificio de formigón e cristal con dous andares abertos e comunicados a diversos niveis. A maqueta do edificio exhibiuse no MoMA de Nova York como un dos mellores deseños arquitectónicos actuais. O seu director, Rámon Núñez, foi director dos museos coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae), posto que deixou para poñer en funcionamento este novo museo na cidade. Espera acadar os 200.000 visitantes ao ano. En novembro de 2012 o museo acadou os 50.000 visitantes cun grupo de estudantes de Coristanco.
Instalacións
As salas Sala Miscelánea Sala Maiúsculas Sala Patrimonio Sala Innovación española Sala Iberia Século XX Expos Interinas
Galería de imaxes
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Museo científico · Museo de tecnoloxía
높이 30 m
층수 7
면적 6.500 m²
관리 주체 Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
다른 이름 MUNCYT
보호 지정 Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
지점 고도 ≈ 20 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 A Coruña, 2 km 거리
산티아고 순례길 Camiño Inglés, 1.4 km 거리
지자체 인구 251,277 (2025) · IGE
출처 Http://www.muncyt.es/
가는 길
운영 시간 Jul 01-Sep 14: Tu-Sa 11:00-20:00 · Jul 01-Sep 14: Su 11:00-15:00 · Sep 15-Jun 30: Tu-Fr 10:00-17:00 · Sep 15-Jun 30: Sa 11:00-19:00 · Sep 15-Jun 30: Su 11:00-15:00 · Jan 01,Jan 06,May 01,Dec 24,Dec 25,Dec 31: off
주소 C. del Pintor Velázquez, 5, 28100 Alcobendas, Madrid, Spain
버스로 가기
- Campus de Riazor283 m 거리Pazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Ferrol E.A.-Campus de Riazor · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico) · A Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- IES Salvador de Madariaga (masculino)375 m 거리A Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Rúa Gregorio Hernández 2689 m 거리A Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
