O Mustallar

Cervantes · Lugo

O Mustallar

O Mustallar ou El Mostallar é un pico situado na Serra dos Ancares, cunha altitude de 1935 metros. Serve de fronteira natural entre as provincias de León e Lugo. É o punto a máis altitude da provincia de Lugo. == Ascensión == A subida ao pico pódese realizar de xeito relativamente sinxelo desde o porto dos Ancares (pasando previamente polos cumes dos picos Cuíña e Penalonga), desde a aldea de Burbia (A Veiga de Espiñareda, León) ou desde a aldea de Piornedo (Cervantes, Lugo). En tódolos casos, os camiños acaban uníndose no alto de Golada de Porto, desde o cal en poucos metros coróase o cume da montaña ascendendo polo seu noroeste, cunha considerable pendente pero sen demasiada dificultade para unha persoa adulta. No cume hai un pequeno cartel e unha caixa do correo na cal os viaxeiros deixan as súas notas. == Galería == == Notas ==

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

이 근처