보호 지역
Parga-Ladra-Támoga
Taboi · Outeiro de Rei · Lugo · 2004
사진: Almaffi (usuario da galipedia). · Public domain · Wikimedia Commons ↗
특별보전지역으로 지정된 갈리시아 자연구역, 해발 약 391 m, Ruta do Camiño do Miño에서 553 m.
Parga - Ladra - Támoga é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a ríos como o Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madanela e Trimaz, todos afluentes do río Miño na súa cabeceira, as súas ribeiras e lagoas como a de Cospeito. Esta área de conservación ocupa 4.939 ha. nas comarcas da Terra Chá e Lugo, nos concellos de Xermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Cospeito, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Lugo. Isto é, abrangue aos ríos da depresión central lucense, que é a Terra Chá.
Fauna e flora
Flora
O espazo de Parga - Ladra - Támoga é unha rede fluvial, coas súas ribeiras, con varias zonas húmidas e lagoas (como a de Cospeito), cos seus pastos e terreos agrícolas. A vexetación que a caracteriza é a asociada a estes hábitats. As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Fauna
Sendo un leito fluvial e tendo unha lagoa, este espazo natural acolle unha alta diversidade de aves. En especial no período de invernal chega ás 1500 aves acuáticas. Entre as especies máis singulares están o sisón (Tetrax tetrax), que se reproduce alí, e o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum), que conta cunha pequena poboación local. As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Lexislación
Parga - Ladra - Támoga foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte tamén da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Galería de imaxes
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Espazo natural protexido · Zonas de especial protección dos valores naturais
면적 4.954 m²
지점 고도 ≈ 391 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Rábade, 6.4 km 거리
가까운 길 Ruta do Camiño do Miño, 553 m 거리
지자체 인구 5,431 (2025) · IGE
버스로 가기
- Os Curriños (Bestar)902 m 거리Carradelas (cruzamento Xermar)-A Feira do Monte · Carradelas (cruzamento Xermar)-A Feira do Monte
- O Calvario (Arcillá)1.0 km 거리Carradelas (cruzamento Xermar)-A Feira do Monte · Carradelas (cruzamento Xermar)-A Feira do Monte
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.