보호 지역
Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra
Pardollán · Rubiá · Ourense · 2002
사진: Tanja Freibott · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pardollán (Rubiá, Ourense)의 보호 지역, 해발 약 762 m, O Barco에서 12.9 km.
O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é unha paraxe protexida que comprende a contorna da serra da Enciña da Lastra, unha das serras orientais de Galiza. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, xusto no límite coa comarca do Bierzo. Foi declarado parque natural no ano 2002. Ten unha extensión de 3151,67 ha e unha altitude media de 684 m. O parque abrangue a serra e un val calcario de pendentes pronunciadas e cantís entre os que destacan a pena Falcoeira, o val do Inferno ou os penedos de Oulego. O río Sil discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o río Galir, alén da existencia doutros regatos estacionais. Os puntos de máxima altitude da serra son O Piornal, con 1529 metros sobre o nivel do mar e a pena Tara, con 1089 metros, nos penedos de Oulego. Área de especial interese faunístico e florístico polo seu carácter limítrofe entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana, o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de aves rapaces, entre as que destaca a presenza do voitre branco, aguia real e falcón peregrino. A menor dureza do solo calcario propiciou a formación de abundantes covas —que aquí se denominan palas— que acubillan importantes colonias de morcegos, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Parque natural
면적 3.186 m²
지점 고도 ≈ 762 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 O Barco, 12.9 km 거리
지자체 인구 1,391 (2025) · IGE
버스로 가기
- VILARDESILVA896 m 거리Pardollán-O Barco de Valdeorras E.A. · Pardollán-O Barco de Valdeorras E.A. · CEIP Virxe do Camiño-Vilardesilva · CEIP Virxe do Camiño-Vilardesilva
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
