Pazo
Pazo da Mota
A Estrada · Pontevedra
O Pazo da Mota é unha casa señorial galega situado no lugar da Mota na parroquia de Riobó, no concello da Estrada. == Historia == O morgado do pazo da Mota foi fundado por Xoán Otero (1716-1799). O seu bisneto, o maxistrado Manuel Otero Maquieira, vendeu case toda a súa herdanza en 1852 a Ramón María Otero Estévez, que casara coa viúva do seu irmán Eduardo. Ramón e a súa esposa Ramona Arén, sen fillos, nomearon como herdeiros aos fillos ilexítimos de Pío Otero, Gumersindo e Blandina Concepción. == O edificio == É un edificio de planta en "L", construído por planta baixa e piso. O portal de entrada ten un van alintelado recercado de moldura plana rematada con espadana. As fiestras son rectangulares recercadas de moldura. Ten galería e solaina. Conta cun celeiro integrado na casa e unha adega con bóveda de pedra. == Construcións anexas == Ten un hórreo de 10 claros e fonte sobre a que sobresae o escudo de armas da familia Guntín Taboada. Pola fachada principal accédese á capela na que hai un cruceiro presidindo a entrada. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Bértolo Ballesteros, José Manuel (2012). "Pazo da Mota" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (15): 283–306. === Outros artigos === Pazos de Galicia === Ligazóns externas === Pazo da Mota
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- A Mota Iiia 127 mCEIP do Foxo-A Mota III · CEIP do Foxo-A Mota III
- Riobóa 193 mSilleda (marquesiña)-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A. · Silleda (marquesiña)-A Estrada E.A. · Silleda (marquesiña)-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Loimil-A Estrada (instituto FP)
- A MOTAa 198 mIES Avelina Valladares-A Sobreira
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.