Pazo
Pazo da Pena
Manzaneda · Ourense

O pazo da Pena é unha casa señorial histórica situada na aldea da Pena (San Martiño de Manzaneda, Manzaneda). A súa orixe remóntase ao século XVI e o seu nome provén da gran rocha sobre a que se ergue o edificio. Tras un longo período de abandono, o pazo foi rehabilitado a comezos do século XXI e actualmente funciona como establecemento de turismo rural, mantendo a arquitectura tradicional e parte do patrimonio etnográfico asociado. == Historia == O pazo foi orixinariamente unha casa fidalga. Na fachada principal consérvase o escudo coas armas dos apelidos Gaioso, Lousada, Quiroga e Domínguez. A construción entrou en decadencia e permaneceu deshabitada durante décadas. A comezos do século XXI impulsouse unha restauración integral, respectando a estrutura e os materiais tradicionais da construción. O pazo reabriu ao público en 2015 adaptado para uso turístico. == Arquitectura == O pazo da Pena ten planta rectangular e dúas torres nos ángulos do edificio. A organización do conxunto estrutúrase arredor de dous patios interiores: O patio do Señorito, arredor do cal se situaban os salóns e dependencias nobres, e o patio dos Caseiros, máis pequeno, asociado ás vivendas e espazos de traballo do servizo. O edificio distribúese en varias plantas. A planta baixa, destinada historicamente a cuadras, almacéns e dependencias auxiliares; a planta principal que albergaba as estancias residenciais da familia propietaria; a planta superior tiña cuartos adicionais e dependencias vinculadas ás torres. Na fachada principal diferénciase a parte nobre, construída en perpiaño de granito, da zona destinada aos caseiros, onde se emprega unha combinación de cantaría e cachotaría. O pazo conserva diversas construcións auxiliares tradicionais, como unha adega, un palleiro, un taller de carpintería e outros espazos de traballo rural. Estas dependencias albergan exposicións etnográficas permanentes' nas que se mostran ferramentas, utensilios agrícolas e obxectos vinculados aos oficios tradicionais do rural galego. == Galería de imaxes == == Notas ==
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- Rozavalesa 125 mVILARMEAO (MARQUESIÑA)-MANZANEDA · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda
- SAN MARTIÑOa 255 mParadela de Abaixo-A Pobra de Trives · VILARMEAO (MARQUESIÑA)-MANZANEDA · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda · Paradela de Abaixo-A Pobra de Trives
- CIMADEVILAa 267 mParadela de Abaixo-A Pobra de Trives · VILARMEAO (MARQUESIÑA)-MANZANEDA · Vilarmeao (marquesiña)-Manzaneda · Paradela de Abaixo-A Pobra de Trives
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.