Pazo

Pazo de Cascaxide

Silleda · Pontevedra

Pazo de Cascaxide

O Pazo de Cascaxide é unha casa señorial localizada no lugar de Cascaxide, na parroquia de Escuadro (Silleda), construído a finais do século XVII con algunha parte de principios do XVIII. == Características == O edificio é de planta rectangular, baixo o piso e salvando o desnivel do terreo, ten un piso máis con arcadas nunha das frontes, torre de catro plantas e balcóns de balaustrada que sobresaen da fachada. A fachada principal ten porta adintelada, copete cun grande escudo e gárgolas. Noutra das frontes ten un piso faiado con balconada e dous escudos. Prolóngase cunha muralla na que se abre o portón de arco de medio punto. Entre as dependencias anexas hai dous hórreos e unha capela. Nel rodouse parte do filme Lobos de Arga. É de propiedade privada, da familia Espinosa. == Véxase tamén == === Outros artigos === Pazos de Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처