갈리시아 영주 저택
Pazo do Rial
Sobrán · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra
사진: Furado · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
Vilaxóan, Vilagarcía de Arousa의 민간 건축물, 해발 약 16 m, Camiño Portugués Variante Espiritual에서 110 m.
O pazo do Rial é unha casa señorial que se atopa en Vilaxoán, na parroquia de Sobrán, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa; moi preto da vila. Ergueito no século XVII en estilo barroco, e vencellado historicamente á familia nobre galega: Mariño de Lobeira, na actualidade funciona como instalación hoteleira e restaurante. Está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Hotel-Monumento Histórico Artístico.
Historia
É unha gran casa señorial do século XVII ergueita sobre unha construción anterior medieval por Xoán Antonio Mariño de Lobeira.[Cómpre referencia] Un dos descendentes desta familia, no século : Pedro Mariño casou con Clara Caamaño, neta de García de Caamaño, o fundador de Vilagarcía de Arousa.[Cómpre referencia] Dende 1815 por mor dun preito pola sucesión do pazo de Rubiáns, estes dous pazos volveron quedar vencellados á familia Ozores, á súa vez descendentes dos Caamaño.[Cómpre referencia] A comezos do século XX, o Rial ficou abandonado. Nos anos 1970 vendeuse e foi transformado e ampliado para se converter no hotel que hoxe segue a ser.
Descrición
O pazo atópase nun outeiro de onde divisaba as terras achegadas. Presenta fábrica de cantaría de granito e planta rectangular. É un grande expoñente da arquitectura barroca galega. O edificio atópase flanqueado por dúas torres de tres andares, todo a decoración ten un estilo barroco de grande harmonía, por ser construído nun mesmo momento: tanto o corpo coma as torres están ameadas, atopamos ademais cornixas molduradas, varios balcóns sobre canzorros labrados; as torres teñen nos seus ángulos superiores gárgolas a xeito de canóns. As potentes chemineas salientan o seu aspecto señoril. Na fachada do corpo central, así coma na parte superior das torres aparecen varios escudos de armas que representan as distintas familias que nel moraron: Ozores, Soutomaior, Sarmiento e no centro o brasón dos Mariño de Lobeira, coa serea, as ondas, os lobos e maila estrela. A casa tamén ten unha capela e un hórreo É o máis importante dos pazos de Vilaxoán. A súa imaxe lembra ao achegado pazo de Sobrán.
Galería de imaxes
Outros artigos
Pazos de Galicia Pazo de Rubiáns Pazo de Sobrán Pazo de Pardiñas
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 갈리시아 영주 저택 · Monumento
지붕 기와
벽 돌
보호 지정 Ben de Interese Cultural
목록 번호 RI-51-0008766
지점 고도 ≈ 16 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Vilaxoán, 1.3 km 거리
산티아고 순례길 Camiño Portugués Variante Espiritual, 110 m 거리
지자체 인구 37,975 (2025) · IGE
버스로 가기
- Rial I107 m 거리O Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-András · Avda. A Mariña-Renza · Avda. A Mariña-Andras-Avda. A Mariña
- Rial I117 m 거리O Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-András · Avda. A Mariña-Renza
- O Rial277 m 거리IES Armando Cotarelo Valledor-Aralde I · IES Armando Cotarelo Valledor-Aralde I
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
.jpg?width=400)
