암각화

Pedra das Rodiñas

Redondela · Pontevedra

Pedra das Rodiñas

A pedra das Rodiñas é unha estación rupestre de tipo petróglifo correspondente á idade de Bronce, situada no lugar da Nogueira (O Viso, Redondela). == Descrición == Trátase dunha pena ou laxe que sobresae lixeiramente sobre o terreo, e sobre a que están talladas combinacións de espirais, círculos concéntricos e liñas radiais, situadas nun dos lados de maior pendente. A súa morfoloxía, que lembra a unhas rodas pequenas, levou á denominación formal do petróglifo. == Controversia == Cara a 2008 foi planificado, no terreo onde se atopa a estación, a construción dun inmoble co uso ulterior de casa da cultura. O propio movemento do terreo das obras levou ao soterramento parcial accidental do petróglifo, catalogado pola Xunta de Galicia como Ben de Interese Cultural. A Dirección Xeral de Patrimonio paralizou as obras, mais unha parte do monumento quedou deteriorado e cuberto por terra e silveiras, nunha clara agresión ao patrimonio cultural. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Historia de Redondela Mámoa do Rei === Ligazóns externas === Petróglifos da Nogueira. Anecdotario redondelán.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처