선돌

Pedrafita do Casal

Melide · A Coruña · -349

Pedrafita do Casal

A Pedrafita do Casal é un gran megálito, construído en gneis ou ollo de sapo, dunha altura duns 5 m, aínda que á vista só mide 3,5 m. Está situado na aldea do Casal, parroquia de Campos, no concello de Melide. Foi atopada no 2012 durante a remodelación dun valado. Actualmente está situado na mesma parcela onde foi atopado, a escasos 200 m do castro de Campos. O acceso é doado, xa que se atopa á beira da estrada. Aínda que nun primeiro momento se dubidou se podería trataría dun esteo dunha anta ou monumento similar, hoxe a idea da súa construción como elemento exento parece a máis probable, sendo un dos exemplares de maior envergadura dos megálitos de Galicia. Datada sobre 3500 a. C. - 1800 a. C. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === VÁZQUEZ NEIRA, Cristina, BROZ RODRÍGUEZ, Xurxo (2012). "¿Novos chantos megalíticos na terra de Melide? Aproximación o seu estudo e difusión". Boletín do Museo da Terra de Melide nº 25, páx. 7-24. "Pedrafita do Casal (Parroquia de Campos, Melide). O menhir máis grande de Galicia", post de Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez no blog Museo da Terra de Melide, 20 de xullo de 2015. === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처