암각화

Petróglifos de Ghorghalado

O Rosal · Pontevedra

Petróglifos de Ghorghalado

Os petróglifos de Ghorghalado son un conxunto de máis de 350 motivos gravados rupestres da Idade de Bronce situados na parroquia das Eiras (O Rosal). == Descrición == O conxunto arqueolóxico ten 350 gravados reunidos en pequenos grupos, que forman diversas composicións xeométricas e abstractas aproveitando as fendas e as irregularidades da roca esquistósica na que están labrados para ordenar a disposición. Son recorrentes os círculos concéntricos, algúns con cazoleta; tamén as formas cuadrangulares e ovaladas e as liñas. == Descubrimento == Os petróglifos de Ghorghalado descubríronse de forma casual en 2012 por unha veciña do lugar. En 2015, o Concello do Rosal, xunto coa Deputación de Pontevedra, a Dirección Xeral de Patrimonio e a comunidade de montes das Eiras escavaron este xacemento que se atopaba enterrado e cuberto de vexetación e que constitúe o primeiro petróglifo que se desenterrou en Galicia para a súa recuperación. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Plan Xeral de Ordenación Municipal do Rosal Arquivado 21 de febreiro de 2022 en Wayback Machine. (PXOMR), Catálogo de bens culturais-nºde ficha X_026 (Tomo V de bens culturais)

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처