박물관
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Vigo · Pontevedra · 2011
사진: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Vigo, Pontevedra의 박물관, 해발 약 35 m, Caminho Português de Santiago에서 1.6 km.
A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.
Descrición
A entrada é libre e gratuíta ata completar capacidade e está permitido tirar fotografías (sen flash nin trípode).
A exposición
As exposicións son temporais, procedentes dos fondos do Concello de Vigo, ao igual que no caso do Museo Municipal Quiñones de León. Co comisariado de Xosé Carlos López Bernárdez, amósanse máis de 160 pezas de máis de 80 autores, incluídos cadros do legado de José Policarpo Sanz Souto, outros cedidos polo Museo do Prado no ano 1935 e a mellor colección de pintura galega. Entre as obras de artista galegos están: Interior dunha igrexa de Jenaro Pérez Villaamil, nove debuxos do escultor Isidoro Brocos, unha Paisaxe de Serafín Avendaño, Alfredo Souto Cuero, Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Lloréns, Muller sentada de Carlos Maside, Maternidade de Manuel Colmeiro, Habitación do vello mariño de Urbano Lugrís, Luís Seoane, O místico de Isaac Díaz Pardo, O cego de santa Margarida de José Seijo Rubio, Exvoto de Juan Luis, Anticoli e Autorretrato de Antonio Fernández Gómez, Costa da Bretaña de Germán Taibo, Nena da galería de Carmen Rodríguez de Legísima, Retrato de Jose Mª Colmeiro Reyna de Joaquín Vaamonde Cornide, O Pontigo de Felipe Bello Piñeiro, Espíritu Santo de Antón Lamazares, Rectángulo con amarelo e liñas sobre o plano de Luis Caruncho, algúns debuxos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, así como varias esculturas, entre elas unha de madeira de Camilo Nogueira Martínez. Outros cadros expostos son Embriaguez de Sileno de Daniel Vertangen, Pavos atribuído a Melchior de Hondecoeter, Trunfo de Baco e Sileno de Adriaen van Nieulandt e Paisaxe de Jan Vermeer van Haarlem (Jan van der Meer II) da escola holandesa; Acio de flores de Jan Frans Eliaerts da escola flamenga; Xogo da pita cega de Christian Wilhelm Ernst Dietrich da escola alemá; Galo e galiña de Jean-Baptiste Oudry da escola francesa; retratos de Dionisio Fierros e Paisaxe de Juan Martínez Abades, asturianos.
A edificación
O museo sitúase na Casa de Arias Taboada, edificación do século XVII, a máis vella da zona antiga de Vigo, despois da Casa Torre de Ceta e Arines. É de traza barroca caracterizada pola súa sobriedade, con ausencia dos singulares elementos ornamentais deste estilo. Amosa un rudo tratamento de cachotería mesturada con perpiaño, reservándose a delicada cantería granítica para o encadramento de vans, plataforma das balconadas, cornixa e gárgolas. Primitivamente, estes elementos destacarían sobre un muro que debeu estar revocado en branco. Na fachada loce o escudo coas armas de Taboada e Figueroa. O mestre de Campo e gobernador de Vigo, Diego Arias Taboada, promotor da edificación, foi o encargado da defensa de Vigo e os seus castelos ante a invasión do exército portugués que se acuartelou en Bouzas en 1665, guerra que remataría co Tratado de Lisboa de 1668.
Galería de imaxes
Outros artigos
Francisco Fernández del Riego Museo Municipal Quiñones de León
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Museo de arte · Pinacoteca
이름의 유래 Francisco Fernández del Riego
개관 2011
지점 고도 ≈ 35 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Vigo, 111 m 거리
산티아고 순례길 Caminho Português de Santiago, 1.6 km 거리
지자체 인구 295,735 (2025) · IGE
버스로 가기
- Praza Porta do Sol48 m 거리Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Praza Porta do Sol54 m 거리Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Náutico238 m 거리Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · San Esteban-Bouzas
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.