Ponte romana

Ponte Maior de Ourense

Ourense

Ponte Maior de Ourense

A ponte Maior de Ourense, tamén coñecida como ponte Romana ou ponte Vella, é un viaduto sobre o río Miño situado na cidade de Ourense. Por ela discorre o Camiño de Santiago. == Historia == Ten a súa orixe no século I, cando formaba parte dun ramal da vía XVIII do Itinerario de Antonino, tamén chamada Vía Nova. A situación estratéxica da ponte como nó de comunicacións no centro da Gallaecia aumentou durante os séculos posteriores, contribuíndo ao desenvolvemento da vila. Conserva sete arcos dos once orixinais. Durante o século XII o arco principal da ponte cedeu, dando lugar a unha serie de interminables reparacións e derrubamentos, renovado entre 1230 e 1449, até que no século XVII a reforma final dirixida por Melchor de Velasco Agüero deu á ponte o aspecto actual, indiscutiblemente medieval a pesar de manter elementos romanos orixinais, coma os arcos de inicio. Durante moito tempo o arco central da ponte Maior, cun van de 43 metros, foi o de máis luz de España. A mediados do século XIX, coa apertura da estrada Villacastín-Vigo derrubouse a torre existente na ponte que figura no escudo da cidade. O 19 de febreiro de 1844 tivo lugar unha crecida do río, e deixouse constancia na ponte coa inscrición alta de la avenida de 19 de fb de 1844. Foi declarado monumento histórico por Decreto da xefatura do Estado o 6 de abril de 1961, publicada no BOE o 18 de abril dese mesmo ano. Trala súa peonización en 1989 é un dos tres símbolos principais da cidade xunto coas Burgas e a catedral de San Martiño. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén ==

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처