해변

Praia da Madanela

San Martiño do Porto · Cabanas · A Coruña

Praia da Madanela, 해변 en Cabanas

사진: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

San Martiño do Porto, Cabanas의 모래 해변, Camiño Inglés에서 72 m.

A praia da Madanela é un areal situado no concello de Cabanas no peche á ría de Ares limitando co concello de Pontedeume, na desembocadura do río Eume. O areal de area branca e fina forma xunto co río Eume e o piñeiral un espazo natural no fondo da ría de Ares. A praia non ten Bandeira Azul, pero si tódolos servizos nun paseo peonil. É unha praia de augas tranquilas e pouco profundas. Sendo unha praia urbana de moi alta ocupación pola súa proximidade a Pontedeume. Dende os anos sesenta sufriu unha grande presión urbanística e de crecemento descontrolado habendo vivendas de todo tipo pola zona. Desde casas unifamiliares a edificios de apartamentos e vivendas residenciais. Dende inicios do século XX o concello de Cabanas tentou poñer orde na zona prohibindo o acceso de vehículos ao monte de piñeiros da praia e limitando o acceso ao mesmo. Construíuse un paseo peonil pola estrada que bordea os piñeiros. Na propia praia existen locais de hostalería e un club náutico. Instalacións para a práctica de deportes de vela e fondeadoiro de embarcacións. Na praia hai un campo de fútbol. Como accesos á praia hai ligazón directa á autoestrada AP-9 e a estación de Cabanas está preto.

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Praia de area branca · Praia urbana

길이 200 m

고도 0 m

가장 가까운 마을 Pontedeume, 1.2 km 거리

산티아고 순례길 Camiño Inglés, 72 m 거리

지자체 인구 3,273 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처