해변

Praia da Torre

Taragoña · Rianxo · A Coruña

Praia da Torre, 해변 en Rianxo

사진: Certo Xornal · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Rianxo의 모래 해변, 해발 약 3 m, Camiño A Orixe에서 51 m.

A praia da Torre, chamada así por mor da presenza do sitio arqueolóxico da fortificación medieval (Castelo da Lúa) existente na punta da Torre, ou tamén coñecida como " A Salgueiriña" quizais pola abondosa presenza de Salix Atrocinerea (salgueiro). O areal esténdese e está limitado pola punta de Iñobre ou punta da Posta e a desembocadura do río Té, cunha lonxitude de aproximadamente de 1.200 metros. A praia localízase na parroquia de Taragoña (concello de Rianxo), no fondo da ría de Arousa, na zona coñecida como enseada de Beluso, na comarca do Barbanza. É unha praia acolledora de grande amplitude e con area fina, inda que ao longo da súa historia se produciron frecuentes períodos de espolio da area. Esixe un grande percorrido para non acalar ou topar profundidade nas mareas baixas; o seu acceso é sinxelo e aceptábel, dúas pistas alcatranadas inda que existen distintos camiños e sendeiros para acceder a distintas partes do areal. Esta praia ofrece gran cantidade de zonas arboradas e cunha variedade florística moi ampla, no tocante á fauna no período invernal chegan multitude de parellas de Alavanco real, así coma corvos mariños, garzas... No seu momento chegou a posuír dúas cantinas ou chiringuitos, estando soamente na actualidade unha activa, que abre na tempada de verán. Así mesmo, na actualidade posúe un paseo marítimo dos máis afamados da comarca, ademais de distintos servizos, como aparcadorios, acceso a discapacitados, fontes, áreas de recreo...

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

자료

종류 Praia de area branca

길이 930 m

지점 고도 ≈ 3 m · Terrain Tiles

가장 가까운 마을 Rianxo, 1.8 km 거리

산티아고 순례길 Camiño A Orixe, 51 m 거리

지자체 인구 10,755 (2025) · IGE

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

버스로 가기

자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.

이 근처