보호 지역

Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Abegondo · A Coruña · 2013

Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013, que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas. Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural. == Xeografía == A reserva da biosfera está formada esencialmente polas bacías de dous ríos principais, o Mero e o Mandeo e mais polo litoral das rías de Betanzos e A Coruña (coa excepción do propio termo municipal da Coruña). Así, abrangue áreas costeiras e de montaña; a súa altitude máxima está no monte da Cova da Serpe (841 m). A extensión da reserva supón un 3,85% da Comunidade Autónoma de Galicia. Administrativamente, o territorio pertence a un total de 176 parroquias dos seguintes concellos: Na comarca da Coruña: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Na comarca de Betanzos: Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza Cesuras e Paderne. Na comarca da Terra de Melide: Sobrado. == Demografía == Segundo o IGE, en 2011 a poboación da reserva era de 189.902 habitantes, cunha densidade media de 167 hab/km². Isto supón unha densidade maior á media galega, o que se explica polo feito da reserva estar na área de influencia da cidade da Coruña. Porén, hai que reparar nas grandes diferenzas na densidade dos diversos concellos segundo a súa proximidade á Coruña, cunha densidade máxima en Oleiros (780,1 hab/km²) e mínima en Sobrado (17,3 hab/km²). Tendo en conta estes datos, pódense distinguir tres áreas: Área suburbana, conformada polo primeiro anel metropolitano da Coruña. Trátase dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Área rururbana, conformada polos concellos de Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral. Área rural, conformada polos concellos de Aranga, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza Cesuras, Paderne e Sobrado. == Espazos protexidos == Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000. Conta cos ZECs de Betanzos - Mandeo, o Encoro de Abegondo - Cecebre, a Costa de Dexo (tamén declarada monumento natural) e tamén o tramo arteixán da Costa da Morte. Ademais, conta coas novas propostas LIC na rede do esteiro do río Baxoi, as brañas do Deo a Serra da Cova da Serpe. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (2014): Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Guía de recursos para o profesorado Arquivado 15 de decembro de 2024 en Wayback Machine.. Oleiros: CEIDA. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Consultado o 16 de maio de 2014. === Outros artigos === Reserva da biosfera Área de Allariz === Ligazóns externas === Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. Blog oficial da reserva. Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na web da UNESCO (en inglés) Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Ficha da reserva na web da Red Española de Reservas de la Biosfera (en castelán). Propuesta de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Documento oficial da candidatura (en castelán) Candidatura a reserva de biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Documentos para debate. Documento da proposta oficial da candidatura (en castelán) Expediente sobre a designación como reserva da biosfera (PDF) Vídeo da candidatura Vídeo: reportaxe da TVG sobre a candidatura da reserva Vídeos das reservas da biosfera designadas en 2013, na páxina web da UNESCO

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처