Serra do Careón

Toques · A Coruña

Serra do Careón

A serra do Careón é unha serra e que pertence á dorsal galega e que separa a Terra de Melide das comarcas de Lugo e da Ulloa. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos, e nela nacen o río Furelos e o río Seco, afluentes do río Ulla. Esta serra destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na Península Ibérica. Así mesmo, a súa meirande parte forma parte do espazo natural protexido homónimo declarado como zona especial de conservación, o ZEC Serra do Careón. == Xeografía e xeoloxía == === Orografía === Forma parte da dorsal galega. Conta cunha altitude media de 550 metros e máxima de 798 metros, no Monte Careón. === Hidrografía === Nesta serra nacen o río Narla, afluente do Miño, e o río Pambre, o río Seco ou o río Furelos, afluentes todos tres do río Ulla. === Xeoloxía === Dominan os granitos de dúas micas e intrusivos, gneis de ollo de sapo e xistos. Así mesmo, esta serra destaca por ser a máis extensa floración de rochas ultrabásicas na Península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide. Catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

이 근처