극장
Teatro Rosalía de Castro
A Coruña · 1868
사진: Ajuanta · CC0 · Wikimedia Commons ↗
A Coruña의 극장, 해발 약 16 m, Camiño Inglés에서 46 m.
O Teatro Rosalía de Castro é unha institución cultural da cidade da Coruña, de titularidade municipal, xestionada polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) do Concello da Coruña e dirixido por Javier Sabadie Iglesias. Trátase dun centro de representación escénica situado no centro da cidade herculina, en plena Rúa Real e moi próximo á Praza de María Pita. Nas súas dependencias atópase tamén dende o 20 de maio de 1994, a Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.
Características
O edificio é un teatro do século XIX de estilo ecléctico. Dispón dun escenario de 150 metros cadrados e dunha capacidade de entre 628 e 712 localidades repartidas entre o patio de butacas e catro niveis, e que se encontran acondicionadas para albergar distintos tipos de espectáculos artísticos (música, danza, teatro etc).
Historia
A historia do emblemático edificio que alberga o Teatro Rosalía Castro, na céntrica rúa Rego de Auga (no número 37) remóntase ao ano 1838, cando o Concello da Coruña adquiriu o terreo edificable da antiga igrexa de San Xurxo para construír o teatro e emitiu unha subscrición pública de accións para realizar a devandita construción. As obras de construción do novo teatro finalizalo en 1841, ano no que se inaugurou o Teatro Nuevo ou Principal. En 1851 debutou no teatro o violinista Pablo Sarasate. En 1867 o teatro foi destruído por un incendio, sendo reconstruído en 1868. O nome actual do teatro data de 1909, e en 1910 adaptouse para realizar proxeccións cinematográficas. En xuño de 1931 tivo lugar no teatro a Asemblea Rexional que se reuniu para aprobar o primeiro proxecto de estatuto de Galicia e o 8 de decembro de 1935 acolleu un mitin organizado pola Confederación Rexional Galaica da CNT no que participaron Federica Montseny, Manuel Amil Barcia e Claro José Sendón. O 20 de maio de 1994 instalouse nas súas dependencias a Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.
Outros artigos
Xogos florais da Coruña
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Teatro
이름의 유래 Rosalía de Castro
층수 5
개관 1868
지점 고도 ≈ 16 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 A Coruña, 233 m 거리
산티아고 순례길 Camiño Inglés, 46 m 거리
지자체 인구 251,277 (2025) · IGE
출처 (2024)
가는 길
주소 Rúa Rego da Auga 37, 15001, A Coruña
버스로 가기
- Teatro Colón189 m 거리Teatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
- Porta Real200 m 거리A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Real220 m 거리A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.
