성
Torre de Fírbeda
Porqueira · Ourense
사진: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Porqueira의 방어 건축물, 해발 약 675 m, Bande에서 10.6 km.
A Torre de Fírbeda, tamén coñecida como Torre da Forxa ou Torre de Porqueira, son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García II de Galicia.
Historia
No ano 1157 pasou a formar parte do patrimonio do bispado de Ourense pola cesión feita polo rei Afonso VII, confirmada por Afonso IX, que en maio de 1204, en Troncoso, vendeu ó bispo Afonso por dous mil cincocentos soldos canto tiña e lle correspondía en Porqueira. Na primavera do ano 1387 o castelo foi ocupado por pouco tempo polo Duque de Lancaster con motivo da guerra pola sucesión da coroa entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Na segunda metade do século XV, cando xa pertencía á casa de Monterrei, sufriu o ataque dos Irmandiños que non chegaron a destruíla. Despois da creación en 1837 do concello de Porqueira pasou a ser a casa consistorial, e posteriormente pasou a mans particulares.
Descrición
O castelo sitúase no val, lugar elixido para unha maior eficacia no control da fronteira co veciño Portugal. Da antiga fortaleza só queda en pé esta torre, de austera e robusta construción en perpiaños de granito dispostos en fiadas regulares. Accédese ao seu interior a través dunha porta a maior altura do chan á que se chega por medio dunha escalinata de vinte tramos. Non presenta case aberturas: a porta románica, as ventás seteiras que defenden a entrada na súa vertical e unhas pequenas ventás, hoxe en día cubertas con cristais. Modillóns simples sosteñen o seu matacán saínte. Non se conservan as ameas.
Situación patrimonial
Atópase protexido baixo a declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949 sobre o Patrimonio histórico español. Posteriormente pasou a ter a declaración de Ben de Interese Cultural. Na actualidade acolle un centro de interpretación da Vía Nova XVIII do Itinerario de Antonino ao seu paso pola Limia.
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 방어 시설
벽 돌
다른 이름 Torre de Porqueira · Torre da Fírveda
보호 지정 Ben de Interese Cultural
목록 번호 RI-51-0008956
지점 고도 ≈ 675 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Bande, 10.6 km 거리
지자체 인구 806 (2025) · IGE
버스로 가기
- Forxa608 m 거리Lobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A. · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A.
- Forxa608 m 거리Lobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A.
- FONTEMOURA677 m 거리PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · PARADELA-XINZO DE LIMIA E.A.
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.