# Cartografía de Galicia — https://mapagalicia.es > Mapa aberto do patrimonio cultural e natural de Galicia: 34.957 lugares > catalogados nos 313 concellos, con ficha propia, coordenadas e fonte citada. > Feito con datos abertos, sen clave de API e sen provedor de teselas. ## Que hai aquí - **Pedra antiga** (2.317): Dolmens, mámoas, petróglifos e covas - **Castros e Roma** (2.980): O mundo castrexo e a pegada romana - **Fe e pedra** (7.180): Románico, mosteiros, catedrais e santuarios - **Cruceiros e petos** (3.637): A escultura popular do camiño - **Castelos e pazos** (1.288): Fortalezas, torres, murallas e casas nobres - **Vida labrega** (4.586): Hórreos, muíños, fontes, pombais e foxos - **Mar e rías** (1.342): Faros, portos, cabos e esteiros - **Praias e illas** (1.310): Area, seixos, praias fluviais e arquipélagos - **Natureza viva** (5.191): Fervenzas, serras, fragas e árbores senlleiras - **Augas e termas** (56): Burgas, balnearios e pozas quentes - **Museos e cultura** (2.059): Museos, teatros, bibliotecas, arquivos e casas de escritores - **Festas e tradición** (87): Entroidos, romarías, festivais e festas gastronómicas - **Camiños e rutas** (612): O Camiño, sendeiros, estacións, aeroportos e oficinas de turismo - **Vilas e conxuntos** (1.837): Cascos históricos, pontes, prazas e estadios - **Memoria** (111): Fosas, cemiterios e campos de batalla - **Comer e beber** (364): Adegas, mercados e obradoiros ## Como está organizado - `/lugar/` — a ficha de cada un dos 34.957 lugares: que é, onde, a que altura, en que parroquia, que Camiño pasa preto, o texto de Wikipedia se o hai e de onde sae cada dato. - `/que-ver-en/` — 313 concellos, 53 comarcas, 12 rexións e 4 provincias. `/que-ver-en//todo` lista **todos** os lugares dese sitio, sen recortar. - `/tema/` — coleccións (praias, románico, con nenos, xoias agochadas…). - `/plan//` — itinerarios xerados. `/sen-plan` fai un día pechado chegando en transporte público. - `/concello/` e `/concellos` — o estado do inventario de cada concello: canto está documentado e **que falta**. - `/datos` — o catálogo publicado como datos, con licenzas. - `/sitemap.xml` — todas as URL, co `lastmod` real de cada ficha. ## De onde saen os datos Wikidata (CC0), OpenStreetMap (ODbL), Wikipedia (CC BY-SA), Wikimedia Commons, IGN, IGE, NASA FIRMS, GBIF, Open-Meteo, Xunta de Galicia e o NAP. Dezanove fontes, todas abertas e ningunha con clave. ## O que este catálogo NON sabe Isto é o máis importante se vas citar algo de aquí: - **76 % dos lugares non teñen fotografía** (26.558 de 34.957). - **58 % non teñen nin unha liña que os explique.** - **O ranking de concellos non mide patrimonio: mide voluntarios.** Brión encabeza a lista porque alguén de alí mapeou os seus mil hórreos, non porque teña máis patrimonio ca Santiago. - **As festas non teñen punto exacto**: sitúanse no concello que as celebra, e a ficha dío (`situadoPolo`). - **As fotos emparelladas polo nome non están confirmadas por ninguén máis ca o título do ficheiro**, e a ficha dío. - A altitude marcada con «≈» sae dun modelo do terreo, non dunha cota oficial. ## Licenza Os datos manteñen a licenza da súa fonte e cada ficha di cal é. O código e a obra orixinal (iconas, estilo do mapa, textos propios) teñen dereitos reservados. ## Contacto https://mapagalicia.es/buzon