Castro

A Coroa

Lamas de Moreira · A Fonsagrada · Lugo

A Coroa, castro en A Fonsagrada

Foto: Lala Lugo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Castro de Moreira, situado na aldea de Moreira (parroquia de Lamas de Moreira, A Fonsagrada) está localizado na parte sur do monte Entrecotos a unha altitude de 633 metros. Coñécese comunmente na vila como A Coroa.

Características

Está conformado por un recinto interior (ou croa) de 75 metros de diámetro, arrodeado dun conxunto de parapetos e fosos (ten tres parapetos na parte occidental e dous na oriental). A faldra norte corresponde a unha pendente do terreo da zona, que se considera coma unha defensa natural da localización. Na parte sur está o acceso que utilizan os veciños para chegar ao castro, polo que se considera esta ruta coma a entrada orixinal ao mesmo. Desde este alto pódense divisar outros castros da zona. Esta boa visibilidade fai pensar que no seu día a fortificación puido ser utilizada coma unha base de control sobre o territorio. Pola contra, non se atopou polo momento neste recinto ningún tipo de resto arqueolóxico.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Cultura castrexa

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Castro de Moreira

Altitude do punto ≈ 619 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Fonsagrada, a 6,3 km

No concello viven 3.082 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar