Arte na rúa

A Ferida

Muxía · A Coruña

A Ferida, arte na rúa en Muxía

Foto: Pilar Ponte; · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A Ferida é unha escultura situada no concello de Muxía fronte ao océano Atlántico, nun outeiro ao carón do santuario da Virxe da Barca. O seu autor é o artista burgalés Alberto Bañuelos-Fournier. A obra foi doada por Seguros Aegon ao concello muxián como homenaxe aos voluntarios que acudiron a axudar ao pobo galego cando se produciu o desastre do Prestige o 13 de novembro de 2002. Cos seus máis de once metros de altura e 400 toneladas de peso, estas dúas estruturas de granito do Porriño constitúen a escultura máis grande de Galicia e de España. Inaugurouse o 12 de setembro de 2003.

Galería de imaxes da escultura A Ferida

Outros artigos

Camiño dos Faros

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Escultura

Autoría Alberto Bañuelos Fournier · Alberto Bañuelos-Fournier

Paredes Pedra · Rosa Porriño

Altitude do punto ≈ 17 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Muxía, a 490 m

Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 45 m

No concello viven 4.326 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar