Conxunto histórico

A Veiga do Bolo

A Veiga · Ourense

Aínda non hai foto de A Veiga do Bolo

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.25077|-7.02605}}

A Veiga —A Veiga do Bolo no nome de sempre, por pertencer á xurisdición do Bolo— amañece algúns veráns coas rúas cubertas de croché: bancos, farois, fachadas e árbores envoltos en la de cores. É «Tecendo soños», un proxecto que empezou en 2016 e que xunta as vinte e nove aldeas do concello coa Asociación de Mulleres; cada aldea traballa a súa peza durante meses e despois todo se colga xunto. O concello é ademais Destino Starlight: aquí vense as estrelas coma en poucos sitios de Galicia.

Texto escrito para este mapa.

Datos

Altitude do punto ≈ 885 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Viana do Bolo, a 10,6 km

No concello viven 873 (2025) · IGE

Ver no mapaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar