Espazo protexido
Ancares-Courel
Navia de Suarna · Lugo · 2004

O espazo natural dos Ancares-Courel é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que protexe a maior reserva forestal de Galicia, de árbores como carballos ou bidueiros, e que a ten unha ampla variedade de hábitats. Atópase na serra máis oriental galega, de altitudes medias e altas, e que ten un alto valor xeolóxico por afloramentos calcarios. Os Ancares-Courel teñen unha zona de protección do oso pardo, son unha zona de protección de aves e para a conservación de varias especies de mamíferos. Conta con varias áreas declaradas de interese cultural e etnográfico. Os Ancares lucenses están dentro dunha Reserva da Biosfera, máis ampla e que inclúe outros espazos naturais limítrofes mais non o Courel. == Xeoloxía e hábitats == Os Ancares-Courel están nun clima atlántico case na súa totalidade, agás un 8% de superficie que mostra un clima mediterráneo. A rexión da serra dos Ancares ten o patrón característico de áreas de montaña atlánticas, de media a atlas elevacións. A serra do Courel, pola contra, é máis meridional co que mostra un hábitats máis variados. As augas deste espazo son fluviais, como as do río Navia ou río Sil e outros afluentes menores, ou estancadas e con moita achega orgánica, como é o caso do Pozo do Lago Maior, que é un lago glacial de entre 100 e 25 m de longo. As biocenoses de vexetación destas augas son Littorelletea uniflorae e Isoeto-Nanojuncetea. Os ríos nas súas área basal poden ter vexetacións Chenopodion rubri p.p. e Bidention p.p. e na súa parte de montaña biocenoses de Ranunculion fluitantis ou Callitricho-Batrachion. As encostas das montañas son de bases calcícolas e silíceas. Estas últimas teñen vexetación pioneira dos tipos Sedo-Scleranthion e Sedo albi-Veronicion dillenii. Adoita haber pavimentos de base calcaria. Nestes espazos da montaña hai fontes e mananciais, ricos en musgos e hepáticas, que teñen augas ricas en carbonatos e onde precipitacións calcarias. As covas sen explotar son habituais. En zonas altas de montaña existen turbeiras activas ou xa boscosas, e mires de transición. Un caso son as existentes entre a serra das Maseiras e o monte de Camporredondo ou na serra de Villous. Outro elemento característico son as depresións do terreo entre solos de substratos de turbeira. A variedade de prados deste espazo é ampla. Hai prados en substratos silíceos, en solos calcarios alpinos e subalpinos, case secos e onde aparecen tamén as matogueiras, e solos de turbeira ou ricos en arxila e limo, prados de sega ou sega de montaña. Hai estepas de gramíneas e prados de Nardus en zonas de solos silíceos. As matogueiras de Laurus nobilis e queirogais en solos húmidos de Erica ciliaris e Erica tetralix, en solos secos ou de montaña. Os bosques do espazo natural son fundamentalmente de carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica. Nas zonas de ribeira abundan os amieiros, Alnus glutinosa, e os freixos, Fraxinus excelsior. Outros bosques son de faiais e neles aparecen acivros, Ilex, e algunha vez teixos, como Taxus baccata. Os soutos de castaño, os bidueiros, as abeleiras, os teixos e sorbeiras. === Dobramento de Campodola-Leixazós === O dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós é un proceso xeolóxico catalogado como monumento natural que está entre os lugares de Campodola (O Hospital) e Leixazós (Leixazós) en Quiroga de 90 hectáreas. Consiste nunha gran dobramento sinclinal que ten o seu corte transversal exposto á superficie debido aos procesos de erosión e de encaixe do río Ferreiriño e que se conserva desde o Carbonífero Inferior. O dobramento está deitada, é un pregamento tombado, que se orienta cara ao norte e que ten uns flancos de entre 10 e 12 km. Adscríbese á zona centroibérica, que é o dominio do ollo de sapo. O perfil exposto mostra a evolución dun sinclinal a un pregamento tombado. == Fauna e flora == === Flora ===…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Ao lado deste lugar
- Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e BecerreáEspazo protexido
- Capela de Santiago de CorneantesCapela e ermida
- Castelo de QuindousCastelo
- Igrexa de Santa Mariña de ValloIgrexa
- Igrexa de Santalla de AmbasvíasIgrexa
- Igrexa de Santa María de DornaIgrexa
- Igrexa de San Xusto de QuindousIgrexa
- Igrexa de San Breixo de VilaquinteIgrexa