Dolmen
Arca do Barbanza
Cures · Boiro · A Coruña
Foto: AArizaga · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A Arca do Barbanza é un dolmen situado en Cures (Boiro).
Descrición
Este monumento megalítico mide uns 6 m de longo. Ten cámara poligonal con seis ortóstatos, un deles como cobertura lixeiramente desprazada, que podería pesar unhas sete toneladas, e un corredor triangular con dúas seccións. Sitúase no curso medio do río Barbanza, do que toma o nome. Atópase en bo estado de conservación, e forma parte da Ruta das Mámoas.
Outros artigos
Lista de megálitos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Megálito
Altitude do punto ≈ 509 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Boiro, a 6,4 km
No concello viven 18.958 (2025) · IGE
