Arquivo e biblioteca histórica
Arquivo do Reino de Galicia
A Coruña · 1775

O Arquivo do Reino de Galicia é un arquivo cuxa titularidade pertence ao Ministerio de Cultura e cuxa xestión está cedida á Xunta de Galicia desde 1989. Atópase na Cidade Vella da Coruña. Exerce funcións de Arquivo Histórico Xeral de Galicia e de Arquivo Histórico Provincial da Coruña, polo que custodia a documentación de eido galego ou provincial que producen as administracións locais, autonómicas e estatais. == Historia == As súas orixes datan da Real Cédula emitida por Carlos I de Castela o 3 de febreiro de 1529 e dunha Real Provisión do mesmo monarca e a súa nai, a raíña Xoana I de Castela do 1 de marzo de 1543, cando se ordenou a salvagarda e custodia dos procedementos da Real Audiencia de Galicia, un organismo creado polos Reis Católicos mediante diversas disposicións a partir de 1480. O seu inicio formal data da Real Cédula de Carlos III emitida o 22 de outubro de 1775, cando se crea o Arquivo, asignándolle tamén persoal e unhas normas de funcionamento. A súa sede orixinal era o Palacio da Real Audiencia, un edificio que actualmente alberga a Capitanía Xeneral, onde permaneceu até o seu traslado en 1936 aos sotos do Palacio de Xustiza. En 1898 o arquitecto Luis Bellido redactou o primeiro proxecto de construción dun edificio propio, ao que seguiron outros proxectos de Pedro Mariño (1923), Rafael González Villar e Leoncio Bescansa (1929). Finalmente, en 1956 o Arquivo foi trasladado á súa actual localización, xunto ao Xardín de San Carlos, nun edificio concibido por Antonio Tenreiro e inaugurado en 1955. O núcleo dos fondos do Arquivo provén dos procedementos da Real Audiencia de Galicia. Porén, desde mediados do século XIX foi adquirindo fondos de orixe diversa, até chegar a máis de 250. O Arquivo alberga fondos que se remontan, no caso de diversos diplomas en pergamiño, ao século IX. Manuel Murguía exerceu de xefe do arquivo de 1870 a 1875. En 2008 foille concedido o Premio da Crítica Galicia dentro da categoría "Iniciativas culturais". == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Xardín de San Carlos === Ligazóns externas === Fondos do Arquivo do Reino de Galicia Páxina web do Arquivo do Reino de Galicia Arquivo Histórico do Reino de Galicia na web do Concello da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Hospital Abente y Lagoa 202 mHospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · Hospital Abente y Lago-Aeroporto de Alvedro · A PATIÑA II-CAMBRE-HOSPITAL ABENTE Y LAGO · Santa María de Vigo-Hospital Abente y Lago · Sada (hotel Sada Palace)-Hospital Abente y Lago · Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II
- A MAESTRANZAa 244 mPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- HÍPICAa 347 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.