Praia

As Lapas

A Coruña

As Lapas, praia en A Coruña

Foto: Rodrigorega · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia das Lapas, tamén coñecida como praia do Areal —noutrora denominada areal da Lagoa ou areal da Torre—, é unha pequena praia urbana situada ó pé da Torre de Hércules, no concello da Coruña. Ten duchas, aseos, aparcadoiro e, durante o verán, servizo de vixilancia, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001. Ata aló chegan as liñas de autobuses urbanos 3, 3A e 5. Antes da súa rexeneración empregábase como canteira para obter area fina.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada · Praia urbana

O chan Area

Lonxitude 70 m

Tamén chamado Praia do Areal

Altitude do punto ≈ 13 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 1,6 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,5 km

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar