Centro de interpretación
Avifauna
Vicinte · Outeiro de Rei · Lugo · 1992

Foto: Blades Comunicación · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O Centro de Interpretación Avifauna é un pequeno parque zoolóxico situado en Bravos (Outeiro de Rei). O parque, creado no ano 1992, ten unha extensión de 15.000 m². Está dedicado á exhibición de aves e conta entre os seus exemplares: grous, cisnes, faisáns, mouchos, perdices, flamengos, ibis, pegas, curuxas, papagaios etcétera. Constituído como zoolóxico dende 2008, mantén unha colección de máis de 300 especies diferentes e mantén arredor de 40 especies con algún tipo de protección. Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 2005.
Historia
En 1983 adquiríronse 6.000 m² de terreo dunha antiga canteira de pedra convertida en cascalleiro. Até 2013 traballouse na recuperación do terreo ampliado até os 30.000 m² incluíndo estanques, fontes, pasarelas e sendeoros. No ano 2000 creouse o Centro de Interpretación de Avifauna, destinado a realizar actividades de educación ambiental. En 2008 rexistrouse como zoolóxico de Galicia, co nº ES 27 039 0119201 e está rexistrado como parque zoolóxico ornitolóxico (LU-2010/01-PZ).
Outros artigos
Zoolóxicos e acuarios de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Parque zoolóxico
Altitude do punto ≈ 460 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Lugo, a 11,9 km
Camiño de Santiago Camino Primitivo, a 2,2 km
No concello viven 5.431 (2025) · IGE