Cruceiro con baldaquino

Baldaquino de San Breixo de Arcos de Furcos

Arcos de Furcos · Cuntis · Pontevedra

Baldaquino de San Breixo de Arcos de Furcos, cruceiro con baldaquino en Cuntis

Foto: Lameiro · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Na igrexa de San Breixo de Arcos de Furcos (Arcos de Furcos, Cuntis) consérvanse tres relevos procedentes dun baldaquino, incrustadas no muro perimetral do adro da igrexa, rodeando un altar. Representan con rechamante similitude as mesmas escenas que se poden observar no baldaquino de San Salvador de Meis: O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita. A adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos; a Virxe en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e san Xosé á dereita. O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María, un dos santos homes á esquerda, sosténdolle a cabeza, e dúas Marías (María Magdalena e María Salomé) á dereita.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Instalación

Altitude do punto ≈ 233 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cuntis, a 3,4 km

No concello viven 4.450 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar