Auga termal

Burga de Xermeade

Reis · Teo · A Coruña

Burga de Xermeade, auga termal en Teo

Foto: Miguel Rodriguez Sanmartin (User:UL_mrsanmartin) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A burga de Xermeade é un antigo manancial situado en Xermeade (Reis, Teo) á beira do río Ulla. Ten augas sulfuradas, cloruradas e sódicas, que xorden a unha temperatura constante de 15 °C. A fonte dun só cano, verte a un estanque circular duns 3 m de diámetro de pedra labrada, onde poden entrar a tomar o baño ata 24 persoas á vez. Non se sabe con certeza a época do seu descubrimento, pero polo menos hai máis de dous séculos que as augas medicinais se utilizan. Nesa época a fonte era de uso público, pero aló polos anos trinta do século XX unha familia tentou privatizar a fonte, pero os veciños de Pontevea presentaron un preito pola propiedade do manancial. Nos anos cincuenta dese mesmo século as autoridades permitiron a construción dunha pequena casa de baños mentres o xulgado non emitía sentenza sobre a titularidade das terras. Finalmente os veciños gañaron o preito e a casa de baños quedou en desuso, arestora está en ruínas reconvertida en merendeiro a carón da bañeira. O manancial, de gran sona en toda a bisbarra, acolleu visitantes chegados de toda Galicia. As últimas décadas do século XIX e primeiras do século XX foron as de maior relevancia, chegando a computarse ata 300 bañistas diarios que repousaban nas diferentes fondas e "casas de baño de Pontevea", chegando a funcionar ata 5 casas de baño. O manancial da burga de Xermeade figuraba nas principais publicacións sobre augas mineiro-medicinais dende mediados do século XIX, como o número 22 da Revista Médica publicado o 15 de xaneiro de 1849, aparecía recollido un artigo do ilustre químico galego Antonio Casares no que se mencionaban as sulfurosas augas da burga.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Augas termais

Tamén chamado A Burga de Pontevea

Altitude do punto ≈ 31 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Ramallosa, a 4,6 km

Camiño de Santiago Caminho da Geira e dos Arrieiros, a 293 m

No concello viven 19.038 (2025) · IGE

Para ir

Horario 24/7

Entrada De balde

Teléfono +34 981815700

Enderezo Paseo Fluvial A Burga, 15883

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar