Cabo e punta
Cabo Vilán
Camariñas · A Coruña
Foto: Estruébanos · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O cabo Vilán é un cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas. O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é Monumento Natural. Con todo, a escasa distancia do cabo hai instalado un parque eólico e unha piscifactoría de cría de rodaballo. O faro de cabo Vilán sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis fermosos. Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar os 55 km. É o faro eléctrico máis antigo de España. En 1890, o navío inglés Serpent, que navegaba cara a Serra Leoa, afundiu preto do cabo por mor dun temporal, perecendo 173 homes que están soterrados no cemiterio dos Ingleses, a escasa distancia do cabo Vilán. Para acceder ao cabo hai que ir dende A Coruña a Vimianzo pola C-552 e desviarse pola AC-432 ata Camariñas. Hai unha estrada desde o porto de Camariñas ao faro. Outra ruta costeira, desde Arou e Camelle, percorre por pista de terra por unha das paraxes máis agrestes e fermosas da costa galega. Por este enclave pasa a ruta de sendeirismo do camiño dos Faros.
Galería de imaxes
Outros artigos
Faro de cabo Vilán Camiño dos Faros Camariñas
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Península · Cabo
Altitude do punto ≈ 12 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Camariñas, a 4,1 km
Ruta que pasa preto O Camiño dos faros, a 206 m
No concello viven 5.067 (2025) · IGE
Segundo Instituto Geográfico Nacional
