Fosa común
Campo de concentración da Lavacolla
Sabugueira · Santiago de Compostela · A Coruña
Aínda non hai foto de Campo de concentración da Lavacolla
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.89893|-8.42445}}
O campo de concentración da Lavacolla foi un campo de prisioneiros franquista que funcionou entre 1937 e 1939.
Historia e características
En xuño de 1935 inaugurouse na Lavacolla un campo de voo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, as autoridades franquistas instalaron alí un campo de prisioneiros. O campo da Lavacolla foi pechado en novembro de 1939. As autoridades consideraron que o campo de voo da Lavacolla podería converterse no aeroporto de Galicia, pero precisábase ampliar a capacidade das instalacións. Para iso recorreron ao traballo dos presos. Dende 1940, varios batallóns traballaron nas instalacións para converter Lavacolla nun aeroporto transoceánico. Encargaron a construción de varias pistas ao batallón número 31, formado por 388 prisioneiros. Confinaron aos traballadores nunha antiga fábrica de curtidos, propiedade de Juan Hanguindey Broussain e posteriormente adquirida por Jacobo Varela de Limia. Os prisioneiros castigados eran encerrados nun hórreo de cantería de grandes dimensións xunto ao que pasaban nenos que lles daban pan e espigas de millo. Segundo o relato dos prisioneiros o batallón da mañá tiña que estar formado ás cinco. Dábanlles un cazo de café e levábanos formados de cinco en cinco e collidos da man. Tiñan que percorrer tres quilómetros antes de chegar ás obras. O outro batallón entraba ás 13:00 horas, ata ás 19:00. Ceaban ás 23:00 horas coles cocidas. O traballo era agoniante, tiñan que cavar e cargar oito ou dez vagonetas de metro e medio de terra e levalas por unha vía, para ir aplanando uns cerros". Dábanlles pouca roupa e ningún diñeiro. Cando escapaba algún prisioneiro, castigábanos facendo instrución despois do traballo. A morte era case segura para os que non recibían víveres da familia. Os prisioneiros do campo popularizaron a canción:
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Centro penal · Campo de concentración
Forma parte de Campos de concentración franquistas
Altitude do punto ≈ 358 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Pedrouzo, a 5,1 km
Camiño de Santiago Camiño Francés, a 857 m
No concello viven 100.842 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Aeroporto de Lavacolla (rotonda Peregrino)a 259 mLugo E.A.-Santiago E.I. · Lugo E.A.-Santiago E.I. · Arzúa-SANTIAGO E.I. · Arzúa-Santiago E.I. · Sobrado-Santiago E.I. · Sobrado-Santiago E.I.
- Astilladoraa 338 mSantiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Viveiro E.A. - Burela E.A. · Santiago E.I.-Centro penitenciario Teixeiro · SANTIAGO E.I.-VILALBA E.A. · Santiago E.I.-Centro penitenciario Teixeiro
- San Paioa 536 mSantiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Viveiro E.A. - Burela E.A. · SANTIAGO E.I.-VILALBA E.A. · Santiago E.I.-Centro penitenciario Teixeiro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Aeroporto de Santiago-Rosalía de CastroAeroporto- Castelo de VigoCastelo
Igrexa de San Miguel de PereiraIgrexa
Igrexa de San Paio de SabugueiraIgrexa
Igrexa de San Xulián do CarballalIgrexa
Igrexa de San Pedro de LouredaIgrexa
Igrexa de Santa María de CastrofeitoIgrexa
Capela de Santa Lucía de SabugueiraCapela e ermida