Espazo protexido
Canón do Sil
Parada de Sil · Ourense · 2006

Os canóns do río Sil están situados preto da unión entre o río Sil e o río Miño na zona da Ribeira Sacra. Este espazo natural abrangue unha área de superficie de 5.914 hectáreas nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil e está declarado como zona especial de conservación (ZEC). Este tramo fluvial ten varios encoros e ten un aproveitamento turístico con aloxamentos ou paseos en catamarán nas augas. Nas ladeiras e arredores, nas que poden haber pendentes de ata 50º, atópanse os cultivos das vides da D.O. Ribeira Sacra. As viñas nas abas chegan mesmo ata a auga. == Xeografía e xeoloxía == === Orografía === A orografía deste espazo natural resulta do forte desnivel entre as augas do Sil nos Peares (109 m) e a altura máxima da Pena do Xastre (1.014 m). Ten encoros como os de Santo Estevo ou San Pedro. === Xeoloxía === O canón do Sil xorde de procesos tectónicos e non fluviais. No cuaternario, ó comezar un basculamento da peniplanicie producíronse fracturas que quebraron o terreo en bloques e formando a canle pola que flúe o río Sil.[Cómpre referencia] === Clima === O seu clima é mediterráneo-húmido. Mostra importantes variacións xa que en áreas das ladeiras de solaina é mediterráneo-húmido e nas zonas máis ensombrencidas, como nas veigas e ribeiras de bosque, actúa como atlántico-superhúmido. == Flora e fauna == === Flora === As ladeiras da marxe dereita están orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da vide en socalcos. Os soutobosques están maioritariamente compostos de onfalodes (Omphalodes nitida), érbedos (Arbutus unedo), uces brancas (Erica arborea), e piornos (Genista falcata e G. florida polygaliphylla). Nos bosques abundan as árbores ripícolas, como son os bidueiros (Betula pubescens), os castiñeiros (Castanea sativa) ou as abeleiras (Coryllus avellana). === Fauna === As especies piscícolas das augas do Sil que abundan son a troita (Salmo trutta fario), o escalo (Squalius carolitertii) e o espiñento (Gasterosteus aculeatus). Hai varías especies de réptiles e anfibios, entre os que destacan a ra patilonga (Rana iberica), a píntega (Salamandra salamandra), a cobra de colar (Natrix natrix) e a lagarta brava (Psammodronus algirus). Entre as aves, están presentes o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), aves de rapina como a aguia caudal (Hieraetus pennatus), a aguia albela (Circaetus gallicus), o abelleiro europeo (Pernis apivorus) ou o falcón peregrino (Falco peregrinus). Así mesmo, atópanse na zona tódalas variedades de papuxa (Sylvia) existentes na Galiza. Destacan entre os mamíferos o morcego de orellas partidas (Myotis emarginatus), a xeneta (Genetta genetta) ou o gato montés (Felis silvestris). == Patrimonio == === Patrimonio cultural === A xente transformou a paisaxe desta rexión co cultivo da vide en socalcos e a construción de grandes encoros. == Sendeirismo == O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de castiñeiros cara ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus muíños e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadoiro que o comunicaba con outros mosteiros da Rivoyra Sacrata. Outra posibilidade é ir de Santo Estevo a Paradela, volvendo por Cerdeiriñas, polo camiño coñecido como "carreiro da amargura". O itinerario máis completo (22 km) é o que une pola ribeira sur do Sil os mosteiros de Santo Estevo e Santa Cristina. Este trazado unía antigamente Santo Estevo con Astorga e foi durante a Idade Media a principal liña de comunicación fluvial entre os mosteiros da "Rivoyra Sacrata", hoxe realizada polo catamarán. Este percorrido pasa por excelentes miradoiros naturais sobre o canón do Sil, tales como os de Alberguería, Cerreda, Vilouxe e O Coutiño, ata chegar á pequena península cuberta de castiñeiros onde se encontra o mosteiro de Santa Cristina. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Ribeira Sacra
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- PORTELAa 592 mCPI Virxe dos Remedios-Portela · CPI Virxe dos Remedios-Portela
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
- Miradoiro de CabezoásMiradoiro
- Santuario da Nosa Señora de CadeirasSantuario
- Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de SilIgrexa
- Foxo do lobo dos TorgásFoxo do lobo
- Igrexa de Santa Cristina de CaxideIgrexa
- Igrexa de Santa María de ChandrexaIgrexa
- Igrexa de Santa Mariña de Parada de SilIgrexa
- Igrexa de Santiago de CerredaIgrexa