Capela e ermida

Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco

A Coruña

Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco

A capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco é un templo relixioso do século XVIII situado próximo á Cidade Vella da Coruña. == Historia == A Terceira orde de San Francisco foi unha institución para segrares fundada por Francisco de Asís en 1221. O templo ten a súa orixe na capela que a orde terciaria dos Franciscanos, decidiu construír en 1680, nun terreo anexo ao antigo convento de San Francisco. O edificio actual, cun interior barroco, comezouse en 1746, dirixido primeiro por Simón Rodríguez e logo por José Vidal. Mentres que as ruínas do convento pasaron a propiedade militar en 1835, a capela non sufriu a desamortización por ser unha propiedade privada dos irmáns terciarios. Nas dependencias da capela atópase o arquivo da orde, con referencias dende 1674 sobre a capela, a presenza militar e datos urbanísticos e históricos da cidade. O arquivo foi inventariado parcialmente a principios do século XXI. == Descrición == A fachada do edificio actual é do século XIX, obra do arquitecto municipal Juan de Ciórraga. Acaroada á fachada consérvase a torre do antigo convento de San Francisco, que non foi trasladada co resto do edificio ao Paseo das Pontes. O acceso ao templo realízase por un amplo vestíbulo. A planta consta dunha única nave cunha sancristía acaroada ao lado da epístola. Nos flancos existen fornelas con retablos barrocos con marcos de pedra. O retablo maior, de estilo barroco, ocupa todo o testeiro. Débese a Domingo Antonio de Paredes e está datado en 1777, mais contén pezas doutro retablo anterior de 1690. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Ficha Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia Igrexa Orde Terceira de San Francisco Venerable Orden Tercera Franciscana (en castelán)

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar