Capela e ermida
Capela das Ánimas
Pontevedra · 1898

A Capela da Ánimas é un pequeno edificio relixioso néogótico de culto católico, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa das Ánimas, moi preto da praza de Curros Enríquez. == Historia == A capela atópase nunha pequena parte do soar no que estaba situado o vello Hospital de Pontevedra que funcionaba desde o século XV, co nome de Corpo de Deus, Corpus Christi e posteriormente San Xoán de Deus, a orde que o xestionaba. O devandito hospital tiña anexo o seu cemiterio coa súa igrexa e o seu altar de ánimas. Todo este conxunto foi demolido en 1896 cando xa se estaba construíndo o novo hospital da cidade, o Hospital Provincial de Pontevedra. Ante a perda desta referencia espiritual de varios séculos, os veciños decidiron pedir a construción dunha pequena capela na que se puidese continuar coa tradición dos seus antepasados. Deste xeito, ante a presión veciñal construíuse en 1898 esta pequena capela de estilo neogótico. == Descrición == A capela está dedicada ás almas en pena do purgatorio polas que se ofrecen esmolas para a súa salvación, e que así poidan alcanzar a felicidade no ceo. A fachada da capela, de estilo neogótico e de reducidas dimensións, atópase entre medianeiras. Ten unha porta cun arco oxival, acompañada de dúas ventás con arcos apuntados a cada lado. Enriba da porta de entrada atópase un pequeno van en forma de trevo de catro follas enmarcado por un círculo, representando unha cruz lobulada. Na parte superior a capela está coroada por unha cruz dentro dun círculo. No interior hai un retablo de madeira policromada de dúas fileiras cun total de seis figuras, representadas entre chamas, das cales as centrais son un bispo e un rei. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental (en castelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 405. ISBN 978-84-8457-327-2. Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 30. ISBN 9788482890852. === Outros artigos === Arquitectura neogótica Praza de Curros Enríquez === Ligazóns externas === Capela das Ánimas na web Turismo de Galicia Capela das Ánimas na web Cityplan Arquivado 19 de febreiro de 2023 en Wayback Machine.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 278 mA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 290 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos)
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 315 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.